Anxo está moi contento porque vai ter dúas irmás... pedímoslle a súa mamá, Cristina, que viñera ao cole para facer un molde de escaiola da súa barriga.
Decidimos facelo o venres e foi unha fermosa actividade. Cristina tivo moita paciencia con nós e pasamos un ratiño moi agradable na súa compañía.
Empezamos contando o conto: "O embigo de Xanecas", e logo despois de poñer crema na barriga de Cris comezamos a cubrilla con tiras de escaiola.
Esperamos un anaquiño a que secara e ¡¡¡SORPRESA!!! Que chula quedou!!!
Agora Anxo vaina levar a casa para pintar coa súa irmá maior Sabela, que tamén axudou e os seus pais.
Moitas grazas Cristina!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario