Esta semana fomos á biblioteca para visitar unha exposición de cogumelos e ver como podemos cultivalos en bolsas cheas con restos do café. Alí estaba Miguel, un experto neste tema, que nos explicou canto precisamos saber. Ensinounos diferentes cogumelos e logo botou as semillas nunha bolsa xa preparada coas borras de café. Ao rematar, entregounos a bolsa para que nós sexamos quen de coidar os nosos cogumelos.
Agora tan só temos que esperar a que crezan!!
Nenas e nenos de E. Infantil 4ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario