Cando chegamos estaba ORBIL esperando para saudarnos. Gustounos moito poder tocalo e abrazalo, algúns simplemente lle dixemos ola. Orbil pode asustar un pouco, pero ninguén lle tivo medo nesta ocasión.
No Salón do Libro desfrutamos dun contacontos, falaba de mulleres pintoras, (algunhas coñecidas por nós): Frida Kahlo, Xulia Minguillón... A nosa guía, Cris, explicounos o que había nas diferentes salas, nos corredores e tamén fixemos con ela un percorrido para ver os traballos dos nenos e nenas doutros coles. E... por suposto vimos o noso libro das Mulleres, o máis bonito de todo o Salón.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario