PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

domingo, 27 de maio de 2018

"CUMPLES DE MAIO"

No mes de maio estiveron de cumple Nuno e Laura. Celebrámolo todos xuntos no cole co riiiiicooooo biscoito e zumos que eles trouxeron para invitarnos. Nós preparamos un lindo agasallo para cada un e démosllos ao remate da xornada. 
¡¡¡ MOITAS FELICIDADES !!! e moitas grazas Nuno e Laura.





domingo, 13 de maio de 2018

"TEATRO E CORRELÍNGUA"

Nestas últimas semanas non paramos...
Na clase estivemos pintando os guerreiros de Manuel Moldes, o artista do que estivemos falando e ao que decidimos coñecer un pouco mellor. Mirade como nos gusta o traballo con pincel.


Pero entre pintura e pintura tamén fomos ao teatro. Primeiro fomos ver a obra "A ovella Engracia" ao Pazo da Cultura... unha ovella moooooi particular. E outro día asistimos ao auditorio Afundación á representación de "Antón Comodón". Antón pareceunos moi simpático e a súa viaxe resultou realmente divertida para nós. 
 

Pero non solo tivemos teatro, o 8 de maio celebrouse a festa da Lingua en Pontevedra... O Correlíngua, na que participaron moitos centro de ensino da cidade e dos arredores. Como todos os anos estaba o noso amigo Dragón. Houbo música, globos e baile. 
O lema deste ano foi "A língua non para", frase que pintamos nos nosos dorsais.

Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

"ABRIL, LIBROS MIL..."

O mes de abril estivo cargadiño de actividades no cole. Xa vos falamos da visita de Servando, pero ademais os maiores do cole tamén viñeron contarnos a clase.
O Día do Libro poidemos disfrutar de 2 fermosos contos:
"A que sabe a Lúa?" e "999 hermanas ranas...". 
Gustounos moito escoitalos e ver o teatro de sombras que nos tiñan preparado para a 2ª historia


¡¡¡Moitas Grazas!!!

Pero houbo máis... tamén contos no patio. Piquín decidiu sacar os libros fóra. Poidemos disfrutar dun recreo diferente, acompañados polos contos que máis nos gustan
Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB