PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

domingo, 13 de maio de 2018

"TEATRO E CORRELÍNGUA"

Nestas últimas semanas non paramos...
Na clase estivemos pintando os guerreiros de Manuel Moldes, o artista do que estivemos falando e ao que decidimos coñecer un pouco mellor. Mirade como nos gusta o traballo con pincel.


Pero entre pintura e pintura tamén fomos ao teatro. Primeiro fomos ver a obra "A ovella Engracia" ao Pazo da Cultura... unha ovella moooooi particular. E outro día asistimos ao auditorio Afundación á representación de "Antón Comodón". Antón pareceunos moi simpático e a súa viaxe resultou realmente divertida para nós. 
 

Pero non solo tivemos teatro, o 8 de maio celebrouse a festa da Lingua en Pontevedra... O Correlíngua, na que participaron moitos centro de ensino da cidade e dos arredores. Como todos os anos estaba o noso amigo Dragón. Houbo música, globos e baile. 
O lema deste ano foi "A língua non para", frase que pintamos nos nosos dorsais.

Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario