Fixemos a nosa primeira saída deste curso. Fomos en autobús visitar a Base de Cuadrillas Helitransportadas do Campiño.
Alí estaban esperándonos para falarnos do seu traballo e ensinarnos moitas das ferramentas que utilizan cando teñen que apagar os lumes no monte.
Aprendimos os nomes dalgunha ferramenta: batelume, bambi, gorki... e tamén subimos nun dos camións e no ¡¡¡HELICÓPTERO!!!
Foi xenial!!!, o helicóptero e moito máis grande do que nos pensabamos e foi o que máis nos gustou da visita.
Disfrutamos moito con esta saída e tamén nos decatamos do importante que é o traballo destas persoas e de todo o que fan para coidar os montes e evitar que se queimen.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario