PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

mércores, 12 de decembro de 2018

"NOVAS FAMILIAS CONTADORAS"

Esta semana tivemos a sorte de ter no cole a 5 novas familias contadoras. Estiveron con nós Toño o papá de Alba, Sonia a mamá de Daniela, Laura a mamá de Iraila, Ornella a mamá de Thiago e Sabela a mamá de Rodrigo.

Resultado de imagen de kiwi editorial la fragatinaToño coa axuda de Alba contou o conto de "KIWI", un fermoso paxaro que buscaba o seu lugar e...





Sonia e Daniela contaron "A SOPA QUEIMA", unha historia na que a temperatura da sopa pon a proba...



Laura xunto con Iraila contaron a historia de "RAPUNCEL", unha fermosa rapaza pechada nunha torre... 


Ornella tivo de axudante a Thiago para contar "PERDIDO?", a historia dun neno que atopou un pingüin na porta da súa casa e...




Resultado de imagen de paco papan oqo libroSabela contou coa axuda de Rodrigo o conto "PACO PAPÁN", un neno un pouco vago ao que ás veces non lle resultaba fácil...



Estivemos en grupiños pequenos e gustounos moito que nos contaran tan lindas historias, pasamos un ratiño moi agradable, tanto pequenos como maiores. Agora esperamos con ilusión que máis familias se animen e veñan contar novas historias. Así o disfrutamos






¡¡¡MOITAS GRAZAS aos cinco!!! e aos nosos compañeir@s por compartir un ratiño das súas familias con nós.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario