PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

luns, 25 de marzo de 2019

"DÍA DA POESÍA E DÍA DA ÁRBORE"

O 21 de marzo foi un día sinalado especialmente: "Día da Poesía", "Día da Árbore" e ademais comezo da Primavera.
Ao longo da semana realizáronse varias actividades no cole, unha das máis destacadas foi a visita de mestres xubilad@s que estiveran no noso cole e esta semana volveron para pasar un ratiño con nós e recitarnos varios poemas.




A outra actividade destacada foi a plantación de árbores na Illa das Esculturas. Todo o profesorado e alumnado do cole fomos paseando pola beira do río ata chegar ao lugar que tiñamos sinalado para plantar as nosas árbores. Polo camiño fomos acompañados dos maiores de 5º de Primaria e unha vez alí axudamos na plantación e escoitamos uns poemas recitados polo alumnado que nos acompañou.
Agora, de cando en cando, pasaremos por esa zona para ver como van crecendo as nosas árbores.






  
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

domingo, 17 de marzo de 2019

"PASO A PASO AO REVÉS"

Nestes días estivemos traballando coas nenas e nenos da profe Carmen para rematar o noso conto do Salón do Libro e poder levarllo a Orbil. Quedou ben chulo, pero tivemos que esforzarnos moito para rematalo a tempo.
Estamos moi content@s do resultado, tivemos que:
- elaborar a historia
- facer e recortar os debuxos
- decorar os fondos das páxinas
- escribir os textos de cada parte
- facer varias propostas para o título e decidir a que máis nos gustaba
e finalmente poñernos dacordo na montaxe do libro para que o resultado nos agradase a tod@s.
Ás veces traballamos cada grupo por equipos na súa clase e outras fixémolo xuntos e nos organizamos moi ben.



















Aquí tendes o resultado

E xa listo para marchar cara o Salón do Libro cos outros libros de Infantil. A montaxe final é froito do traballo de todo o alumnado do ciclo. Estamos moi orgullos@s do noso "Mundo do Revés".
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

martes, 12 de marzo de 2019

"NOVAS FAMILIAS VEÑEN CONTAR"

Nesta semana tivemos novas familias contadoras no cole. Desta volta estiveron con nós Sandra a mamá de Enzo, Luz a mamá de Sira, Juan o papá de Carmen e José Manuel o papá de Elba.
Resultado de imagen de un gato na árboreComo estaba moi bo tempo, tivemos sorte e puidemos disfrutar dos contacontos no patio. 


Sandra coa axuda de Enzo trouxo para nós o conto "UN GATO NA ÁRBORE", a historia dun gato perseguido por un can que se sube a unha árbore pero non é quen de baixar e...

Resultado de imagen de a casa da miña avoa


Luz con Sira de axudante contounos "A CASA DA MIÑA AVOA", onde unha nena corre toda unha chea de aventuras para ir buscar a tarta que a súa avoa tiña preparada e...


Imagen relacionada

Juan e Carmen tiñan preparado o conto "A NOITE DAS MUDANZAS", a historia do Granxeiro Leiro que non podía durmir porque non tomara o seu vaso de leite e cando se ergueu para muxir a vaca...

Resultado de imagen de NARIZ DE OURO


José Manuel tiña a Elba de axudante, entre os dous contaron o conto "NARIZ DE OURO", no que Eduardiño tiña que aguantar as burlas dos nenos do cole polo tamaño do seu nariz, pero a súa nai...



E así entre conto e conto pasamos un ratiño moooooi agradable coas familias que viñeron visitarnos e disfrutar con nós das fermosas historias que trouxeron. Mirade que lindas fotos da mañán







¡¡¡MOITÍSIMAS GRAZAS aos catro!!! e por suposto a Enzo, Sira, Carmen e Elba por compartir con nós.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB