Nestes días andivemos moi atareados preparando a chegada do Entroido:
- Fixemos os nosos disfraces de peixiños
- Elaboramos diademas con ollos de peixe
- Preparamos a canción de Río Verde para bailar
- Seguimos as indicacións do Meco
O certo é que traballamos e moito. Para os nosos disfraces tivemos que marcar, cortar e pegar escamas nos corpos de peixes que as nosas familias axudaron a preparar.
Aproveitamos dende aquí para darlles as ¡¡¡GRAZAS!!!, sen eles non poderiamos telos listos.
E nós fixemos a nosa parte do traballo con moito alegría, colaborando todas e todos para os disfraces de todas e todos.
Participamos na proposta do Meco feita para todo o cole, traendo algo na testa, bigote e por último algo do revés
E por fin chegou o Gran Día, xa tiñamos ganas, e... puxemos os nosos disfraces, colocámonos os nosos ollos de peixe e saímos desfilar pola rúa e bailar. ¡¡¡Pasámolo en grande!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario