Este mes tivemos a sorte de contar coa visita de Liliana, a tía de Xabi, no cole.
Veu falarnos sobre as "Campás de Cerponzóns".
Como sabedes, este ano estamos traballando sobre as Campás e o oficio de Campaneiro dentro das propostas de Escolas Unesco. Cando comezamos a investigar descubrimos que Liliana era unha experta na historia das campás da igrexa do seu pobo, Cerponzóns.
Decidimos invitala para que nos falara delas e ademais de contarnos moitas cousas interesantes trouxo unhas fotos e vídeos moi chulos.
Agora sabemos os anos que teñen, de que están feitas, canto miden e sobre todo descubrimos a súas funcións ao longo do tempo: para saber a hora, se tocaba misa, se morrera alguén, se había lume... para algunhas delas todavía seguen sendo usadas.
E por suposto, contounos a razón pola que o toque dalgunhas campás está proposto para ser declarado Patrimonio da Humanidade: seguer facéndose de xeito manual.
¡¡¡MOITAS GRAZAS LILIANA!!! por compartir un ratiño con nós e ensinarnos tantas cousas. E tamén grazas Xabi por traela.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario