Do 27 ao 31 de Xaneiro tivemos unha semana moi especial no cole.
Luns e martes estivemos preparando campás decoradas coas mans, tamén plantamos sementes de caléndula con mensaxes de Paz e fixemos un fermoso mural.
O mércores visitamos a Cruz Vermella para facer un ratiño de compañía ás persoas maiores, con eles cantamos, bailamos e compartimos unha sesión moi agradable para todas e todos.
O xoves, para comezar, de merenda tivemos chocolate con churros invitados pola Anpa, estaba moooooi rico. Despois do patio, intercambiamos as nosas plantas cos nenos e nenas da profe Carmen.
Ao rematar, participamos co resto do cole nun acto no que cantamos, desfrutamos da latucada do alumnado de 2º e 3º ciclo e vimos voar as pombas da paz.
O venres poidemos disfrutar cun conto de Igualdade da asociación "Nós Mesmas" e así rematamos esta fermosa semana.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario