PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

martes, 31 de marzo de 2020

"CREAMOS FLORES"

E para sentir na nosa casa esa forza da Primavera, imos tentar crear fermosas flores, pero non debuxadas ou pintadas, senón fóra do papel. 
Teremos que crealas con todo aquelo que teñamos a man para encher de cores o noso fogar. 
- Buscade pauciños, papel para enrolar ou similar para facer os talos e poder colocalas logo de pé.
- Agora precisamos facer a flor cheíña de pétalos (moldes magdalenas, algodón, botóns, papel, tea…) e fixala no talo.
- Para rematar podemos engadir algunha folliña se nos parece.
Cando teñades varias, podedes repartilas polos diferentes lugares da casa, facer un ramo para a sala ou colocalas nun vaso onde queirades… seguro que quedarán ben lindas.
Flores de papel, 5 ideas para hacer con los niños | Flores de ... Flores con Moldes para Magdalenas para el Día de la Madre ... Tulipanes de colores hechos con papel Bond. :) | Disenos de unas ...
Tentade facelas e deseñalas vós mesm@s, pero por si non chegan as ideas, aquí deixamos unhas cantas.

Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO"

Marzo xa case rematou e o mes de Abril peta na porta. Os días son máis longos e, coa forza do sol e a choiva, a primavera fai saír as flores con enerxía e que cada día medren máis e máis. E falando de flores, aquí temos un fermosísimo conto titulado: “A Flor máis grande do mundo” de José Saramago.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

luns, 30 de marzo de 2020

"DEBUXO, RECORTO E PEGO"

E despois de bailar coa canción do Crocodilo imos crear unha fermosa composición cos animais protagonistas.

Safari animales de patrones sin fisuras con lindo hipopótamo ...

Precisamos papeis diferentes nos que poidamos debuxar e logo sexamos quen de recortar.

Buscade entre revistas, xornais vellos, catálogos diferentes... e debuxade neles crocodilos e elefantes.

Cando teñades suficientes, recortádeos e pegádeos nunha folla, cartón... e montade a vosa propia composición.

Si queredes, tamén podedes engadir outros animais a maiores. 
E non esquezades poñerlle un título.
              



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"LES CROCODILES"

Xa estamos a ¡¡¡LUNS!!!
Unha nova semana para disfrutar e para comezala con enerxía imos ir de marcha cunha canción infantil, desta volta, en francés... que ten por protagonistas 1 crocodilo e 1 elefante.
Veña, a mover esas pernas!!!

Para que vexades que por todo o planeta, podemos atopar  cancións e contos para nenos e nenas en diferentes idiomas.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

venres, 27 de marzo de 2020

"PAO DE CHOIVA"

Aínda que estes días luce o sol, na primavera tamén soemos ter moitos días de choiva, así que propóñovos unha tarefa que espero vos guste. Imos crear un “Pao de Choiva”. Para iso precisamos un rolo do papel de cociña ou 2 pequenos do papel hixiénico (unidos para facer un solo tubo). 
Empezamos: 
1- Facer varios buratos pequenos no tubo 
2- Pasar un fío/la/cordel.. polos buratos, dun lado a outro do tubo, como si estivésemos cosendo. Por dentro do tubo os fíos veranse cruzando (Neste paso igual precisamos a axuda de papá ou mamá) 
3- Tapar un lado do tubo con papel ou calquera outro material para que quede pechado. Selamos con pegamento, cinta adhesiva ou similar. 
4- Botar polo lado aberto uns poucos garavanzos/arroz/lentellas... podedes mesturar 
5- Tapar o lado aberto 
6- Decorar con pinturas, papeis, teas, lazos… ao gusto de cada un 
E…¡¡¡ LISTO!!!
Tan só queda ver que ben soa. Movédeo en vertical, darlle voltas… e disfrutade co voso instrumento musical.

Esta é unha idea de Mónica Sánchez e Adriana Seoane que podedes atopar en: 
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"NATURIZO CHEGOU"

Xa estamos a venres, así que o primeiro que imos facer e mover o esqueleto con Naturizo, unha personaxe animada que vive na Serra de San Mamede en Ourense e que ten unha colección de contos que leva o seu nome.

Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

xoves, 26 de marzo de 2020

"SOPA DE LETRAS"

Recordades a canción que escoitamos onte???... “Dime que fixeches”. Pois escoitádea outra vez e cantádea con Migallas. 
¿¿Xa está??  
Agora pensade nos nomes dos animais que aparecen: 

- GALO                          - BOLBORETA 

- CROCODILO              - AVESTRUZ 

- ELEFANTE                 - CEGOÑA 

E por último, tendes que atopalos na Sopa de Letras aquí debaixo:

Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

mércores, 25 de marzo de 2020

"ANIMAIS COAS MIÑAS MANS"

Despois de escoitar e bailar a canción de Migallas, temos unha proposta ben divertida para vós. Elixide 4 animais dos que aparecen na canción e utilizando as vosas mans como base debuxádeos e decorádeos. Aquí deixamos algúns modelos, estes non aparecen na canción, por suposto, pero poden servir de inspiración.

Cando os teñades non esquezades poñerlle o nome a cada un. É unha tarefa que require un chisquiño máis de esforzo, pero estou segura que sodes quen de facelo. Tentádeo, xa sabedes que se perdemos algunha letra despois a completamos entre tod@s. ¡¡¡Adiante!!!
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"DIME QUE FIXECHES"

Para empezar o día temos unha canción de Migallas titulada “Dime que fixeches”. Podedes cantala e bailala e… estade ben atentos e atentas para recordar os animais que van aparecendo.


Nenas e nenos de Ed Infantil 6ºB

martes, 24 de marzo de 2020

"TAREFA ESPECIAL"

Tócanos realizar unha tarefa moi especial. Trátase dunha sorpresa, e por iso non a imos facer pública ata a vindeira semana. Cadaquén recibirá instrucións do que ten que facer e non poderá ensinar o resultado a ninguén. Verémolos todos ao mesmo tempo.
¿¿¿QUE SERÁ??? Na vindeira semana descubrirémolo…
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"O CONTO NON PARA"

Desta volta vai un conto dunha iniciativa distinta:"Festival Atlántica", trátase dun Festival Internacional de Narración Oral que navega por toda a xeografía galega. Aínda que este ano a súa programación está cancelada seguindo as medidas cautelares de confinamento destas semanas, podemos seguir as súas historias na súa canle.
Hoxe toca disfrutar do conto con Noelia Carioca, unha contadora salmantina.


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

luns, 23 de marzo de 2020

"O PASO DO TEMPO"

Unha recomendación que recordaremos de cando en cando, non esquezades ir marcando no voso calendario en que día estamos e o tempo que fai: sol, choiva, nubes... 
Podedes aproveitar para marcar as datas especiais para cada un e cada unha de vós.
Así iremos vendo o paso do tempo e á volta tamén falaremos das cousas importantes que aconteceron.

Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"POESÍA"


Elixide unha das 4 estrofas que aparecen debaixo, (podedes pedir axuda para que primeiro alguén volas lea), e logo copiade a escollida nunha folla e decorádea ao voso gusto. 

POEMAS - ROSALÍA DE CASTRO
1
ADIOS, RÍOS; ADIOS, FONTES;
ADIOS, REGATOS PEQUENOS; 

ADIOS, VISTA DOS MEUS OLLOS:
NON SEI CANDO NOS VEREMOS.


2
MIÑA TERRA, MIÑA TERRA,
TERRA DONDE ME EU CRIEI,
HORTIÑA QUE QUERO TANTO,
FIGUEIRIÑAS QUE PRANTEI.


3
DEIXO AMIGOS POR ESTRAÑOS,
DEIXO A VEIGA POLO MAR,
DEIXO, EN FIN, CANTO BEN QUERO...
¡QUEN PUDERA NON DEIXAR!..
.

4
XA SE OIEN LONXE, MOI LONXE,
AS CAMPANAS DO POMAR;
PARA MIN, ¡AI!, COITADIÑO,
NUNCA MÁIS HAN DE TOCAR.


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"ROSALÍA PEQUENIÑA"

Como este fin de semana foi o "Día da Poesía" imos seguir un pouquiño xogando arredor dela. Coñecemos varios poemas e varios autores que nos gustan moito. Incluso temos algún coñecido entre as nosas familias e achegados. Hoxe imos gozar dun conto que fala dunha das poetisas máis recoñecidas da nosa terra: “Rosalía Pequeniña”

Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

venres, 20 de marzo de 2020

"COLLAGE"

E xa que estamos na primavera podemos aproveitar para facer unha das actividades que estabamos practicando no cole nos últimos talleres: o collage.
Buscade papeis de diferentes cores e texturas, revistas, tesoiras, ceras, rotuladores e pegamentos e imos facer un collage de primavera. Pensade cales son as vosas cores preferidas e que tipo de paisaxe ides elaborar.
Antes de empezar podedes ver este vídeo onde o artista crea unha fermosa paisaxe con papeis de diferentes texturas. Fermoso, verdade?... estou desexando ver os vosos!!!


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"A PRIMAVERA XA ESTÁ AQUÍ"

E chegou a PRIMAVERA, a nova estación comeza dun xeito especial. Este ano teremos que esperar uns días para saír saltar coas bolboretas e os paxaros... pero podemos facelo imitando os seus movementos pola casa:
-Saltar como as ras e os coellos
-Voar como bolboretas e paxaros
-Arrastrarnos como as serpes ou os vermes
e todos aqueles animais que se nos poidan ocorrer. (Eso si, moito ollo coas esquinas, os mobles...)
Todo isto mentras escoitamos este fermoso conto musical da "Primavera de Vivaldi". 



E coa primavera chega tamén o "Día da Poesía e Día da Árbore". Será o sábado 21, e si revisades en Bibliopiquín atoparedes algún recurso para conmemorar ese día.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"CADA DÍA UN CONTO"

Quero presentarvos a iniciativa dunha mamá Marta García que decidiu dedicar de luns a venres media horiña cada día ás 12h, a contar contos nestes días de confinamento. Para todas e todos os que queiran conectarse:  #CuentacuentosMarta www.smartlocuciones.com
Para empezar deixo esta mostra

Nenas e nenos de Ed.Infantil 6ºB

mércores, 18 de marzo de 2020

"PANDEMIA DE CONTOS"

Pandemia de contos é unha iniciativa do colectivo NOGA , Narración Oral Galega, que decidiron compartir contos con todas e todos nós. Aquí deixamos unha mostra, pero hai máis na mesma canle.


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"CAE UNA GOTICA DE AGUA"

Tamén toca cantar, e sei que hai unha canción que coñecedes todas e todos que nos gusta moitísimoooo. Así que para que a cantedes en familia, que lla poidades ensinar a mamás e papás... temos "A gotica de agua"... recordades???


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"EDUCLAN"

Hoxe toca empezar con algunha ferramenta dixital. 
Educlan é unha ferramenta educativa creada especialmente para estas semanas de peche educativo. nos medios dixitais de Clan. Está coordinada co Ministerio de Educación e Formación Profesional coa axuda das editoriais educativas. Nesta páxina podedes atopar contidos audiovisuais para nenas e nenos de 3 a 10 anos.

https://www.rtve.es/infantil/series/educlan-3-5-anos/

Un ratiño de cando en cando, pero xa sabedes... tamén cociñar, debuxar, recortar, descansar, contar contos, escoitar, xogos de mans, bailar, cantar, olimpiadas deportivas na casa, ordear as miñas cousas, facer listaxes, cubrir o calendario, anotar ingredientes das receitas... e todas cantas cousas se vos poidan ocorrer.
Nenas e nenos de Ed.Infantil 6ºB

martes, 17 de marzo de 2020

"O ABECEDARIO"

E para divertirnos un ratiño cantando, que sabemos que algo que sempre nos gusta, unha canción que nos resultará sinxela... O Abecedario, dun xeito atractivo e entretido. Tamén podemos bailala e compartila en familia. Disfrutádea.

Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"GRAZAS POLO VOSO TRABALLO"

Invítovos a participar nesta iniciativa que me parece unha tarefa fermosa para estes días. Cadaquén decide o/a personaxe a debuxar. Cando o teñades, facedes unha foto e a ser posible enviádea para que poidamos elaborar unha presentación conxunta de todos os debuxos. 
Idea orixinal Alba Pacín. Adaptación Chus Vázquez
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

luns, 16 de marzo de 2020

"ROSA CONTRA O VIRUS"

Con este conto, podemos entender de forma sinxela o que pasa con este "bichiño" chamado Coronavirus, que fai que teñamos que quedar na casa... e tamén a importancia de seguir as recomendacións que nos están dando. É ademais un xeito de que o coñezan sacando os medos e dándolles tranquilidade. Aínda que sexa unha situación especial manter a calma e sentir a tranquilidade das persoas adultas danos seguridade e confianza aos peques da casa.
https://www.copmadrid.org/web/publicaciones/rosa-contra-el-virus-cuento-para-explicar-a-los-ninos-y-ninas-el-coronavirus-y-otros-posibles-virus
Clicade na imaxe para ler o conto.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"IDEAS PARA FACER NA CASA"

Aquí tendes un vídeos feito por "Dibujario" con algunhas ideas xerais de cousas que podemos facer en casa ao longo destes días. Seguro que algunhas delas xa as estades poñendo en práctica.
Xa iredes contando cales vos resultan máis agradables ou entretidas.
Nenas e nenos de Ed.Infantil 6ºB

"CARTA PARA ORBIL"

Como xa sabedes Orbil atopábase un pouquiño triste porque non poidemos ir visitalo. Pero nestes días xa está mellor. Moitas nenas e nenos están a enviarlle cartas e debuxos para que poida pasar estas semanas mellor e non se sinta tan só.
Así que si vos apetece aquí vos deixo a súa dirección e as instruccións para que lles fagades chegar os vosos debuxos. Orbil estará encantado de recibilos.
https://www.salondolibro.gal/edicion2020/wp-content/uploads/2020/03/Carta-Orbil.pdf

https://www.facebook.com/Sal%C3%B3n-do-Libro-Infantil-e-Xuvenil-de-Pontevedra-210643579072120/?ref=search&__tn__=%2Cd%2CP-R&eid=ARBlnUtngLNLqZ47D7jm_vI6e9xVbFb_6svRTnAOaBdPf0fgL3iiGsJEjSafRwpWAqNscB7H9N6o8cV8
Clicade nas imaxes para chegar aos diferentes enlaces (Imaxes do Salón do Libro)
Texto que podedes consultar na páxina do Salón do Libro:
#EuQuedoNaCasa e Orbil tamén. Anda un pouquichiño triste pola cancelación do Salón pero... E se xa que quedamos na 🏠, ben podiamos aproveitar para escribirlle unha 📨e entrar no sorteo de DEZ 🔟 lotes de libros (e outras cousas chulísimas!) entre todas as cartas participantes. No buzón do Salón xa recibimos algunhas pero habilitamos hoxe un BUZÓN VIRTUAL 📬📧📨📩📯📜 para todas as propostas que nos mandedes ao email: salondolibro@pontevedra.gal
Podedes usar a carta do programa en papel e facerlle foto e enviala, descargar a carta do web: https://www.salondolibro.gal/programacion-2020

ou facela nun documento word, nun folio, nunha folla de papel reciclado, nun cartón, cartolina, nunha folla de leituga (non, que son para comer!), en papel de WC (menos aínda que escasea!)... no soporte que vos pete, a imaxinación non ten límites! Facede unha foto á carta ou escaneade e enviade! Tedes ata o 26 de marzo e podedes enviar cantas propostas queirades! #OrbilQuedaNaCasa

"QUEDAMOS NA CASA"

Nestes días sen cole e “quedarnacasa” iremos deixando aquí, de xeito regular, ideas para manter o contacto e seguir desenvolvendo xunt@s as nosas habilidades. Para empezar, algún exemplos xerais que nos servirán de guía:
- Marcar un horario e cubrir un calendario (día, tempo…)
- Debuxo e pintado libre 
- Recortar libremente de revistas, xornais vellos e outros materiais
- Facer collage e outras creación manuais con materiais que teñades pola casa (botón, fíos, teas, corchos…)
- Contar contos: falade logo do que máis e menos nos gustou 
- Aprender cancións
- Facer moooito exercicio físico: correr sen saír da alfombra, camiñar levantando moito os xeonllos, bailar, montar circuitos... e rematar con momentos de relaxación
- Moito falar, colaborar nas tarefas de casa, tamén na cociña...
E non esquezades o importante que é XOGAR sós e soas e en familia, gozar desta etapa xunt@s e aprender a valorar o que temos cerca que ás veces pasa desapercibido. 
Moito ánimo a todas e todos.

"ULTIMA MALETA VIAXEIRA DO CURSO"

E a nosa maleta xa rematou a súa viaxe polas casas de todas e todos. Agora temos un montón de tesouros na clase. O último en presentarnos os seus preciados obxectos foi Nuno. Así a nosa exposición quedou completiña e disfrutarémola aínda durante varios días, despois desta obrigada parada.



 
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"NO XIMNASIO"

Habitualmente amosamos fotos das actividades que facemos na clase, nas saídas, na biblioteca... pero tamén utilizamos outros espazos nos que tamén traballamos e xogamos. Neste caso, aquí vos deixamos unhas fotos de actividades no ximnasio coa profe Rosi.



GRAZAS profe Rosi!!!
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

sábado, 14 de marzo de 2020

"MALETA ESPECIAL"

Raquel leva con nós un par de meses e ela tamén quixo traer os seus tesouros a clase antes de ter que marchar e seguir cos seus estudos. Así que, tocoulle a ela nesta semana e trouxo os seus tesouros para compartir con todas e todos nós.



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

domingo, 8 de marzo de 2020

"IRAILA E A SÚA MALETA VIAXEIRA"

Xa faltan poucas casas para a nosa maleta viaxeira. Esta vez foi Iraila quen a levou e a encheu cos seus tesouros. Ela explicounos a razón pola que escolleu os 3 obxectos que nos amosou e coma sempre pasaron a formar parte da nosa colección.



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB