PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

martes, 3 de marzo de 2020

"SALÓN DO LIBRO 2020"

Como todos os anos participamos no Salón do Libro elaborando un conto. Este ano unimos o tema do Salón: HUMOR, co tema do noso proxecto anual: UN MUNDO DE FANTASÏA.
Traballamos durante días para poder rematar a tempo e fixémolo colaborando cos nenos e nenas da profe Carmen,
Empezamos pintando a base para o traballo que presentamos entre todo o ciclo de Ed. Infantil, un cogumelo xigante.





Cando rematamos de pintar a base comezamos a traballar no libro. Fixemos os textos, os debuxos e logo xa non quedaba máis que facer a montaxe final.

E cando xa casi estaba rematado tivemos a visita sorpresa de Orbil que viu invitarnos a visitar o Salón. Aquí están as fotos dese día e tamén o resultado final do noso traballo.



Salón do Libro 20
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario