O mércores 16 visitamos o "Museo de Pontevedra". Aprendimos un montón de cousas sobre o Arte. Nos museos ao igual que nas bibliotecas e outros lugares debemos falar baixiño e ter moito coidado coas obras expostas.
Nesta visita tivemos un guía estupendo, chamábase José.
José explicounos como interpretar algunhas obras, falounos das cores frías e quentes, dos elementos dalgúns cadros... e tamén fixo con nós algúns xogos que nos axudaron a entender mellor todo o que nos contaba.
Foi unha visita xenial!!!, ... e nos gustaría volver algún outro día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario