PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

luns, 11 de maio de 2020

"LIÑAS ABERTAS E PECHADAS"

E para comezar esta nova semana imos xogar un pouquiño coas liñas. Seguiremos con "Xeometría" pero, desta volta, imos probar con algo diferente. Mirade o seguinte vídeo:

Agora tócanos a nós, pero en lugar de facer moitas liñas imos facer unha soa ¿como?...
Pois da seguinte maneira:
- Collemos un papel e un rotulador da cor que queiramos
- Empezamos no lugar do papel que máis nos guste e garabateamos sen levantar o rotulador
- Cruzamos dun lado a outro varias veces, trazamos curvas e rectas ata que decidamos parar
- Rematamos no punto de inicio
(Fixemos unha sola liña pero acadamos moitos espazos pechados diferentes)
- Para rematar coloreamos cada espazo pechado dunha cor, pódense repetir pero non quedar 2 cores iguais xuntas. 
A tarefa estará rematada cando a folla estea toda coloreada facendo un fermoso mosaico.
Aquí tendes algúns exemplos xa empezados que vos poden servir de modelo.


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario