PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

domingo, 5 de maio de 2019

"VISITA DA XUNQUEIRA I"

No mes de Abril tivemos varias actividades no cole relacionadas co Libro. A primeira de todas elas foi a visita do alumnado de 5º e 6º de Primaria do CEIP A Xunqueira I para contarnos contos aos nenos e nenas de Ed. Infantil.
Gustounos moito que viñeran e compartisen con nós ese ratiño. Antes de que marcharan fixémoslles un pequeno agasallo a cada un. Tiñamos preparados uns marcapáxinas feitos por nós que lles entregamos e lles pareceron moi fermosos.





Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

"VISITA AO SALÓN DO LIBRO 19"

Como todos os anos visitamos o Salón do Libro para visitar a Orbil e facer un percorrido por todas  as salas decoradas e as obras expostas. Durante a visita puidemos disfrutar dunha fermosa actuación musical e tamén ver o noso traballo xunto cos doutros centros.
Unha das cousas que nos fixo máis ilusión foi que Orbil estivese esperando por nós á chegada. No remate da visita tamén tivemos ocasión de escoitar ao coro da Xunqueira e con eles rematamos a visita e voltamos ao cole.







Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

domingo, 7 de abril de 2019

"PATAPATUM"

Resultado de imagen de PATAPATUM TEATRO
O venres 5 fomos ao teatro ver a obra Patapatum. Pensabamos ir en autobús pero como non chovía aproveitamos para facer exercicio e ir andando.

Gustounos moito e disfrutamos do espectáculo con todos os compañeros e compañeiras de Infantil. O único que nos faltou foi ver a Orbil pero pronto iremos visitalo ao Salón do Libro.


Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

"CUMPLE EN ABRIL"

Xa estamos no mes de Abril, e a falta de moi pouquiño para as vacacións, Elba  cumpliu 5 anos e celebrouno con nós. Trouxo para compartir con tod@s zumos, rosquillas, galletas e magdalenas... Todo moooooi rico. 
¡¡¡Moitas Felicidades!!! Elba e moitas grazas por convidarnos.



Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB