Como todos os anos visitamos o Salón do Libro para visitar a Orbil e facer un percorrido por todas as salas decoradas e as obras expostas. Durante a visita puidemos disfrutar dunha fermosa actuación musical e tamén ver o noso traballo xunto cos doutros centros.
Unha das cousas que nos fixo máis ilusión foi que Orbil estivese esperando por nós á chegada. No remate da visita tamén tivemos ocasión de escoitar ao coro da Xunqueira e con eles rematamos a visita e voltamos ao cole.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario