PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

mércores, 19 de xuño de 2019

"PORTADAS XUÑO 19"

E aquí temos o resultado final das nosas portadas. Agora si que xa marchamos de vacacións, tan solo nos queda gardar todo nas carpetas e desfrutar da festa do deporte o venres.








E antes de marchar, Elba tamén quixo ensinarnos o fermoso que quedou pintado o molde da barriga da súa mamá. Gracias Elba!!!


Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

domingo, 16 de xuño de 2019

"PORTADAS FINAIS XUÑO 19"

O curso xa remata e tan solo nos queda empaquetar todos os nosos traballos. Para iso decidimos facer unha portada, cadaquén elixiu as súas cores e os seus motivos primaverais. 
Agora queda esperar que sequen e poidamos encadernar para levar a casa.





Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

venres, 14 de xuño de 2019

"COMPARTINDO TRABALLOS"

Os nenos e nenas de 6º de Primaria fixeron unhas maquetas de circuitos xeniais. 
Como tiñamos moitas ganas de velas funcionando, viñeron a clase para amosárnolas, a nós e aos nenos e nenas da profe Carmen. Contáronnos como as fixeron, que materiais utilizaron e como funcionaban. 
¡¡¡Gustounos moitísimo!!! e estivemos moi atentos e atentas aos seus comentarios.
¡¡¡Grazas!!! rapaces e rapazas e tamén a súa profe Judit por compartir con nós ese ratiño e os vosos fermosos traballos.
 
 
 
 
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

"ÚLTIMOS CUMPLES DO CURSO"

Xa estamos en xuño e antes de rematar celebramos o último cumple do curso. Anxo xa ten 5 anos e Lidia, Carmen e Ari pornto os farán tamén nas vacacións de verán.
Así que celebramos todos xuntos o seu aniversario con rico biscoito e zumos que compartiron con nós. ¡¡¡MOITAS FELICIDADES!!! E grazas por compartir con nós.




Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB