Os nenos e nenas de 6º de Primaria fixeron unhas maquetas de circuitos xeniais.
Como tiñamos moitas ganas de velas funcionando, viñeron a clase para amosárnolas, a nós e aos nenos e nenas da profe Carmen. Contáronnos como as fixeron, que materiais utilizaron e como funcionaban.
¡¡¡Gustounos moitísimo!!! e estivemos moi atentos e atentas aos seus comentarios.
¡¡¡Grazas!!! rapaces e rapazas e tamén a súa profe Judit por compartir con nós ese ratiño e os vosos fermosos traballos.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario