PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

venres, 27 de decembro de 2019

"A MALETA VIAXEIRA SEGUE RODANDO"

E rodando, rodando, chegou a nosa maleta viaxeira á casa de Elba. Dende alí saiu para o cole cargadiña con máis tesouros. E neste caso foi Elba a que nos contou que agachaba na súa maleta. Os seus tesouros xa están formando parte da exposición conxunta que tan ben coidamos.



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB


"VISITA DE LILIANA"

Este mes tivemos a sorte de contar coa visita de Liliana, a tía de Xabi, no cole.
Veu falarnos sobre as "Campás de Cerponzóns".
Como sabedes, este ano estamos traballando sobre as Campás e o oficio de Campaneiro dentro das propostas de Escolas Unesco. Cando comezamos a investigar descubrimos que Liliana era unha experta na historia das campás da igrexa do seu pobo, Cerponzóns. 
Decidimos invitala para que nos falara delas e ademais de contarnos moitas cousas interesantes trouxo unhas fotos e vídeos moi chulos.
Agora sabemos os anos que teñen, de que están feitas, canto miden e sobre todo descubrimos a súas funcións ao longo do tempo: para saber a hora, se tocaba misa, se morrera alguén, se había lume... para algunhas delas todavía seguen sendo usadas.  
E por suposto, contounos a razón pola que o toque dalgunhas campás está proposto para ser declarado Patrimonio da Humanidade: seguer facéndose de xeito manual.
¡¡¡MOITAS GRAZAS LILIANA!!! por compartir un ratiño con nós e ensinarnos tantas cousas. E tamén grazas Xabi por traela.



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"A MALETA VIAXEIRA DE XOEL"

Foi a quenda de Xoel coa maleta viaxeira. Trouxo os seus preciados tesouros e explicounos a razón pola que son importantes para el. Tratarémolos con agarimo.



Nenas e nenos de Ed, Infantil 6ºB

"ACTIVIDADES NO MUSEO"

Neste trimestre fixemos 2 visitas ao Museo. 
A primeira para ver unha exposición na que nos explicaron como vivían os primeiros homes e mulleres na prehistoria, as ferramentas e armas que utilizaban, como as fabricaban...






E a segunda para escoitar a Raquel, unha contadora xenial que nos mantivo ben atentas e atentos cos seus contos:
"A sopa queima", "A mellor sopa do mundo", "O Galo Traganoces" e "Pedra, pau e palla"






Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB