PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

domingo, 2 de febreiro de 2020

"SEMANA DA PAZ"

Do 27 ao 31 de Xaneiro tivemos unha semana moi especial no cole. 
Luns e martes estivemos preparando campás decoradas coas mans, tamén plantamos sementes de caléndula con mensaxes de Paz e fixemos un fermoso mural.








O mércores visitamos a Cruz Vermella para facer un ratiño de compañía ás persoas maiores, con eles cantamos, bailamos e compartimos unha sesión moi agradable para todas e todos.

O xoves, para comezar, de merenda tivemos chocolate con churros invitados pola Anpa, estaba moooooi rico. Despois do patio, intercambiamos as nosas plantas cos nenos e nenas da profe Carmen. 




Ao rematar, participamos co resto do cole nun acto no que cantamos, desfrutamos da latucada do alumnado de 2º e 3º ciclo e vimos voar as pombas da paz.




O venres poidemos disfrutar cun conto de Igualdade da asociación "Nós Mesmas" e así rematamos esta fermosa semana.


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

luns, 20 de xaneiro de 2020

"A MALETA VIAXEIRA NON DESCANSA"

Seguimos camiño, a maleta viaxeira non descansa e foi visitar a casa de Lidia. Ela encheuna coa axuda da súa familia e trouxoa de volta a clase para amosarnos as cousas que máis lle importan. Os seus tesouros xa están no noso recuncho especial.




Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

sábado, 18 de xaneiro de 2020

"PRIMEIRO CUMPLE DO 2020"

Xa estamos no 2020 e no mes de xaneiro están de cumples os maiores do grupo: Rodrigo e Manuel.
Eles fixeron ¡¡¡6 ANOS!!!
Celebrámolo con zumo e biscoito. Todo mooooiiiii ricooooo. Compartimos unha estupenda merendola e recibiron cadanseu agasallo feito coa colaboración e o cariño de todas e todos.
¡¡¡FELICIDADES RODRIGO E MANU!!! e moitas grazas por compartilo con nós.



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

luns, 13 de xaneiro de 2020

"A MALETA VIAXEIRA DE CARMEN"

Desta volta tocoulle a Carmen levar a maleta viaxeira e enchela cos seus tesouros. Gustounos moito o que nos contou de cada un deles e agora xa están na nosa exposición.



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB