PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

venres, 25 de novembro de 2016

" 25 de Novembro"

O venres 25 de Novembro, diferentes coles de Pontevedra participaron na formación dunha Cadea Humana como protesta contra a violencia de xénero. Nós tamén estivemos e formamos parte desa Cadea.


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"A MALETA VIAXEIRA"





Esta semana a nosa Maleta Viaxeira comezou a súa andadura polas casas. Empezamos rodando polo equipo dos Felices e foron Inés e David os que trouxeron a clase na Maleta os seus tesouros. 

Aquí os temos, primeiro os tesouros de Inés



e logo tamén os de David

Gracias por compartilos con nós.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

xoves, 17 de novembro de 2016

"OBRADOIRO DO MEL"

Despois de visitar a exposición sobre o mel na biblioteca do cole fixemos un obradoiro no salón de actos. Alí nos explicaron como extraer o mel e tamén tivemos a ocasión de probala.
Estaba deliciosa!!!😋😋



Nenos e nenas de Ed. Infantil 6ºB

"VISITA AO MUSEO"

O mércores 16 visitamos o "Museo de Pontevedra". Aprendimos un montón de cousas sobre o Arte. Nos museos ao igual que nas bibliotecas e outros lugares debemos falar baixiño e ter moito coidado coas obras expostas. 
Nesta visita tivemos un guía estupendo, chamábase José. 
José explicounos como interpretar algunhas obras, falounos das cores frías e quentes, dos elementos dalgúns cadros... e tamén fixo con nós algúns xogos que nos axudaron a entender mellor todo o que nos contaba. 
Foi unha visita xenial!!!, ... e nos gustaría volver algún outro día.

Visita ao museo
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

sábado, 12 de novembro de 2016

"MAGOSTO 2016"

Celebramos o Magosto no cole e para ese día preparamos unha castaña emocionada e as nosas cestas. Logo do recreo, volvimos baixar ao patio e fixemos divertidos xogos:
- a castaña por detrás
- circuito
- paracaídas
- aros musicais
- tragacastañas
- o carozo de castaña
Pasámolo xenial e pronto chegaron as castañas quentiñas. Enchemos as nosas cestas e comimos as Ricas Castañas Asadas!!!... Que boas!!!

Magosto 16
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

venres, 11 de novembro de 2016

"EXPOSICIÓN MEL"

Esta semana fomos á biblioteca para visitar unha exposición sobre o mel. Recordamos moitas das cousas que vimos e fixemos na excursión a Apípolis do curso pasado. Aínda que había obxectos delicados e non se podían tocar gustounos moito. A vindeira semana faremos un obradoiro relacionado coa extracción do mel tamén no cole.





e rematamos co conto:
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB