PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

martes, 25 de abril de 2017

"DÍA DO LIBRO 17"

Este luns 24 celebramos no cole o "Día do Libro" de xeito moi especial. Os maiores de 4º e 6º  de Primaria viñeron merendar con nós e acompañáronnos á Illa das Esculturas para contarnos contos. Foron os nosos guías ao longo de toda a actividade e disfrutamos moito da súa compaña. Foi unha mañán moi especial, onde todo o cole participou compartindo lecturas. Gracias aos nosos guías e padriños lectores, esperamos que volten outro día.

Día do Libro 17
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

mércores, 19 de abril de 2017

"VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA"

O mércores 19 visitamos a Biblioteca Pública. Non estaba Rocío, pero nos esperaba Cora. Ela nos contou unha fermosa historia e nos ensinou as diferentes seccións da biblioteca. Antes de regresar estivemos un anaquiño lendo contos. Gustounos moito esta visita.





Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

mércores, 5 de abril de 2017

"ROTEIRO BOLECHAS"

Fixemos unha visita guiada polas prazas de Pontevedra. O noso guía chamábase Roberto e contounos un montón de cousas interesantes sobre a nosa cidade.
Comezamos na Peregrina, iglesia que ten forma de cuncha de vieira, como a que utilizaban fai tempo os peregrinos para beber auga. Logo fomos pola Ferrería e a praza da Estrela, onde vimos a fonte e a Casa das caras. Alí fixemos un xogo de adiviñas sobre os oficios.
Roberto explicounos que moitas prazas teñen un nome relacionado co traballo que se facía nelas: Praza da Leña, da Verdura... e tamén nos contou que fai moitos anos cando non había bancos, cartos nen supermercados todo se mercaba a base de trocos.
Logo visitamos a rúa do peixe fritido e a Pedreira, unha praza moi tranquila, onde rematamos o noso percorrido para voltar ao cole. 
Alí nos despedimos do noso guía pero antes preguntámoslle polo camiño de volta para non perdernos.

Roteiro Bolechas 17
Nenas e nenos de ED. Infantil 6ºB

martes, 4 de abril de 2017

"SALÓN DO LIBRO 2017"

Este ano o Salón do Libro tivo como temática: "O mundo que queremos" e nós participamos en conxunto co resto do cole. Decidimos que o noso traballo se centraría no "Cole que queremos". Cada nivel representou relacionadas co centro dúas emocións. Nós representamos as cousas que nos gustan e non do cole.



Por participar fomos invitados a visitar o Salón e na visita estaba incluída unha sesión de contacontos moi entretida


Tamén tivemos a oportunidade de asistir a unha obra de teatro musical do grupo Odaiko que nos gustou moitísimo

Teatro Odaiko
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

domingo, 5 de marzo de 2017

"Pantallas de Entroido"

Rematou o Entroido pero antes de pechar este tema queremos amosarvos as fotos das nosas Pantallas de Entroido. Xunto coas nenas e nenos da profe Carmen decoramos o espazo entre as dúas aulas. Mirade que chulas!!






Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

domingo, 26 de febreiro de 2017

"ENTROIDO 2017"

Chegou o Entroido e nós decidimos disfrazarnos de Agasallos. Foi unha decisión difícil pero finalmente chegamos a un acordo entre todos e todas.
Cando xa tiñamos claro o disfraz e como queríamos facelo fixemos Grupos de Expertos para elaborar en conxunto os traxes.
Tiñamos 5 Grupos de Expertos:
- Cortado Cartulinas
- Cortado cintas de papel de regalo
- Marcado e recortado de formas xeométricas
- Pegado de tiras
- Pegado de formas

Cando xa estaban listos, cada nena e nenos eliximos un dos disfraces e con gomets de cores decidimos personalizalo.






Pasámolo en grande elaborando os disfraces, pero máis aínda disfrutamos o día da festa. Desfilamos arredor do cole co resto dos rapaces e rapazas e bailamos no patio ao son da música que sonaba.

Entroido 17 - Festa
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"ÚLTIMAS MALETAS VIAXEIRAS"

A maleta viaxeira fixo xa o último  percorrido do ano. Nestas semanas foi e voltou das casas de Lino, Sabela, Carmen e Víctor. Con estas viaxes remata a recollida das nosas máis preciadas pertenzas. Queredes velas??









Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB