PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

domingo, 1 de outubro de 2017

"PRIMEIRAS ACTIVIDADES"

Comezamos un novo curso, acabamos de chegar a un novo cole para tod@s e aínda nos estamos coñecendo. Pasamos ratos xuntos xogando, merendando, pintando...
E algunha das cousiñas que fixemos nestes días témolas aquí:





Nenas e nenos de Ed. Infantil 4º B

sábado, 30 de setembro de 2017

"NENAS E NENOS DE 4º DE INFANTIL B"

Somos as nenas e nenos de 4ºB de Ed. Infantil. Acabamos de chegar ao cole e temos moitas cousas que contar. Pronto empezaremos a ensinarvos todo canto podemos facer.

"BENVIDA"

BENVID@S AO COLE (CURSO 2017-2018)


venres, 23 de xuño de 2017

"BOAS VACACIÓNS"

O curso xa rematou, xa estamos de vacacións e nestes últimos días andivemos moi atareados. 
Tivemos sesión de cine con palomitas, bailamos unha canción para todo o cole e estivemos na festa do deporte organizada polo profe Roberto.
Mirade como bailamos no salón de actos:


Despois do baile fomos votar a nosa quiniela para a festa do deporte

 e aquí estamos vendo participar aos nenos e nenas de 6º de Primaria


Ahhhhh, e sabedes???, no sorteo do remate Carmen e Andrea gañaron candanseu balón!! Noraboa!!

Boas vacacións, disfrutemos moito do verán e cando volvamos xa seremos nenas e nenos de Primaria.
Ata sempre!!!
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"CUMPLES DE XUÑO E VERÁN"

Antes de irnos de vacacións de verán e pasar a Primaria celebramos os cumples do mes de xuño, xullo e agosto. Somos 11 os que cumplimos nestes meses: Iria, Aitor, Giovanna, Inés, Iván, Lino, Aroa, Víctor, Daniela, David e Cris.
Celebrámolo cunha grande merendola que eles prepararon para compartir e nós fixemos para cadaquén un fermoso agasallo. Moitaaaassssss Felicidadeeessss!!! Moitaaaaaassss Grazaaaassss a todas e todos.






Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"CONTACONTOS DE FAMILIAS"

Como estamos xa na recta final desta etapa de Ed. Infantil quixemos facer unha sesión especial de contacontos coas familias que estaban disponibles. Foi todo un éxito e aquí tendes as fotos da xornada que o corroboran. Moitas graciassss a todas e todos!!!

contacontos familias xuño17
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

mércores, 14 de xuño de 2017

"CAMPING FIEITÁS"

Esta semana fixemos a excursión de fin de curso. Tivemos un día fantástico, fomos a praia, ao monte, fixemos cabañas, comemos todos e todas xuntos... Pasámolo xenialll!!!

Fieitás 17
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

luns, 12 de xuño de 2017

"FIRMANDO CONTOS"

Rematamos Ed. Infantil, xa imos pensando nas vacacións e no que medramos nestes tres anos. Estes días estamos recollendo as nosas cousas. Recordamos o que fixemos dende que comezamos no cole e tamén os contos que trouxemos para compartir cos nosos amigos e amigas. 
Decidimos entre todas e todos que cadaquén ía deixar un deles para que forme parte da biblioteca de aula, pero antes firmámolo e será o noso agasallo para vindeiros nenos e nenas.



Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

domingo, 4 de xuño de 2017

VISITA CARLOS OROZA EN VÍDEO


Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

"VISITA A BOMBEIROS"

O xoves 1 de xuño visitamos Bombeiros de Pontevedra. Explicáronnos o seu traballo e tamén nos ensinaron algunhas das ferramentas que utilizan de xeito habitual. Agora sabemos que teñen diferentes traxes e que en función da tarefa visten o máis axeitado.
Pero o que máis nos gustou foi subir ao camión e meternos na espuma.

BOMBEIROS 17
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB