Fomos visitar a exposición do Café Moderno. Como chovía moito tivemos que ir en autobus.
Na exposición estaba Yago que nos falou de 2 pintores moi importantes: Goya e Dalí. Vimos algúns elementos dos seus cadros e coñecemos ao burro Joselito, o cal decoramos e poidemos levar con nós.
PONTEPEQUES
BLOG DE AULA
venres, 23 de novembro de 2018
"LAPIS CON PUNTA DE ACEIRO"
martes, 20 de novembro de 2018
"MAMÁS E PAPÁS CONTADORES DE CONTOS"
O luns viñeron ao cole a contarnos contos Andrea a mamá de Arturo, Nuria a mamá de Pablo e David o papá de Manu.
Fomos xuntos á biblioteca e alí fixemos tres grupos cos contadores.

David con Manu de axudante contounos o conto "ONDE ESTÁS CARACOL?", a historia dun caracol e unha lagartiña que un día se cruzaron no camiño e...

Andrea coa axuda de Arturo contounos o conto de "TROCO", a historia da ovella Catarina, unha ovella que cada tarde preparaba unha cunca de chocolate e sentaba a ler na súa cadeira favorita...
E Nuria con Pablo de axudante contounos o conto de "OSO ATRAPABOLBORETAS", a historia dun osiño que vivía no bosque e que o máis lle gustaba era andar de paseo e coleccionar cousas que atopaba...
E así contando pasamos un moi bo rato con eles, e tanto que pensamos que nos gustaría que volvesen outro día e tamén outras mamás e papás fixesen o mesmo.
Mirade que fotos máis chulas temos deses momentos
¡¡¡MOITAS GRAZAS aos tres!!! e a Manu, Pablo e Arturo por deixarnos disfrutar coas súas familias.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB
domingo, 18 de novembro de 2018
"OBRADOIRO DE PAN"
Neste mes de novembro puidemos disfrutar no cole dun obradoiro de pan. O panadeiro chamábase Miguel e antes de amasar explicounos como tiñamos que facer e que ingredientes precisamos para facer un rico pan. Agora xa sabemos cales son:
FARIÑA
AUGA
FERMENTO
SAL
Tamén é importante deixar repousar a masar antes de metela no forno. Así nos explicou Miguel
E agora tocounos traballar a nós, amasamos e amasamos ata que o noso pan estaba listo
"MAGOSTO 18"
O Magosto xa chegou, pasamos uns días preparando as nosas coroas e falando da festa das castañas.
E por fin chegou o día...
Fomos ver como asaban as castañas e logo:
Xogamos á Castaña por detrás, Tragacastañas, Aros musicais... e para rematar o día comimos castañas... Que ricas que están!!!
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB
"PINTAMOS CASTIÑEIROS"
Sabemos que as castañas nacen nos castiñeiros, así que decidimos pintar os nosos. Cada equipo fixo o seu castiñeiro e agora todos adornan o corredor xunto cos pintados polos nenos e nenas da profe Carmen. Quedaron ben fermosos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)