PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

martes, 20 de novembro de 2018

"MAMÁS E PAPÁS CONTADORES DE CONTOS"

O luns viñeron ao cole a contarnos contos Andrea a mamá de Arturo, Nuria a mamá de Pablo e David o papá de Manu.
Fomos xuntos á biblioteca e alí fixemos tres grupos cos contadores.
Resultado de imagen de onde estás caracol galego

David con Manu de axudante contounos o conto "ONDE ESTÁS CARACOL?", a historia dun caracol e unha lagartiña que un día se cruzaron no camiño e...


Resultado de imagen de oso atrapabolboretas oqoResultado de imagen de troco oqo Andrea coa axuda de Arturo contounos o conto de "TROCO", a historia da ovella Catarina, unha ovella que cada tarde preparaba unha cunca de chocolate e sentaba a ler na súa cadeira favorita...

 E Nuria con Pablo de axudante contounos o conto de "OSO ATRAPABOLBORETAS", a historia dun osiño que vivía no bosque e que o máis lle gustaba era andar de paseo e coleccionar cousas que atopaba...

E así contando pasamos un moi bo rato con eles, e tanto que pensamos que nos gustaría que volvesen outro día e tamén outras mamás e papás fixesen o mesmo.
Mirade que fotos máis chulas temos deses momentos





¡¡¡MOITAS GRAZAS aos tres!!! e a Manu, Pablo e Arturo por deixarnos disfrutar coas súas familias.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario