PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

luns, 18 de febreiro de 2019

"XEOMETRÍA E MÁIS"

Levamos unhas semanas traballando arredor da xeometría, experimentando con diferentes materiais e creando formas diversas a través da manipulación. Aquí temos unha pequena mostra do que levamos feito.








Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

xoves, 7 de febreiro de 2019

"Contacontos especial"

Hoxe mentras rematabamos a merenda recibimos unha visita especial. Aroa, a irmá de Lidia, veu contarnos un conto inventado e ilustrado por ela, un conto moi fermoso. 
Contounos que de maior quere ser escritora, e polo que poidemos comprobar vai por bo camiño. Disfrutamos moito escoitándoa e esperamos que volva axiña con algún outro. 
¡¡¡Moitas grazas Aroa!!!


Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

mércores, 6 de febreiro de 2019

"BURBULLAS DE PAPEL"

Hoxe fomos ao teatro ver a obra "Burbullas de Papel". Como non chovía poidemos ir andando, aínda que nos gustaría ter ido en autobús. Fomos os primeiros en chegar ao teatro, así que poidemos coller os mellores sitios, estivemos xusto nas primeiras filas.
A obra gustounos moito, aínda que non falaban... tocaban a trompeta e facían sombras e burbullas e tamén bailaban. 






Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

domingo, 3 de febreiro de 2019

"DÍA ESCOLAR DA PAZ 2019"

O  30 de xaneiro celebramos no cole o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Nesa semana cantamos, pintamos, compartimos e disfrutamos moito coa compañía dos maiores e d@s nen@s da clase da profe Carmen.
A primeira actividade coa que iniciamos o traballo foi a do pintado dunha letra da palabra DOHIYI.
Este termo quere decir PAZ en língua Cherokee. Eleximo esa palabra para pintar porque este ano 2019 é o Ano Internacional das Línguas Indíxenas e no cole cada ciclo elixiu un termo para decorar nunha delas.




E despois de que todas as clases de Ed. Infantil pintasen a súa letra así quedou esta fermosa palabra
 
A seguinte actividade que fixemos foi crear pombas coas nosas mans para intercambiar agasallos c@s nen@s da profe Carmen. E tamén compartimos momentos importantes c@s nen@s de 4º de Ed.Primaria cantando xuntos a canción "Viva a Xente".
Por fin chegou o Día da Paz. Como chovía moito coas nosas parellas de 4º fomos ao pabellón e alí entregamos alimentos para o Banco de Alimentos. Pero antes da entrega fixemos a palabra PAZ con eles e expuxemos as palabras indíxenas traballadas. 
Para finalizar o acto, nen@s de 6º de Ed. Primaria leron un manifesto e xuntos cantamos e bailamos as 2 cancións preparadas para a ocasión: "Viva a Xente e Si me Voy". Aquí tendes máis fotos desas xornadas.



Día da Paz 19
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB