O 30 de xaneiro celebramos no cole o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Nesa semana cantamos, pintamos, compartimos e disfrutamos moito coa compañía dos maiores e d@s nen@s da clase da profe Carmen.
A primeira actividade coa que iniciamos o traballo foi a do pintado dunha letra da palabra DOHIYI.
Este termo quere decir PAZ en língua Cherokee. Eleximo esa palabra para pintar porque este ano 2019 é o Ano Internacional das Línguas Indíxenas e no cole cada ciclo elixiu un termo para decorar nunha delas.
E despois de que todas as clases de Ed. Infantil pintasen a súa letra así quedou esta fermosa palabra
A seguinte actividade que fixemos foi crear pombas coas nosas mans para intercambiar agasallos c@s nen@s da profe Carmen. E tamén compartimos momentos importantes c@s nen@s de 4º de Ed.Primaria cantando xuntos a canción "Viva a Xente".
Por fin chegou o Día da Paz. Como chovía moito coas nosas parellas de 4º fomos ao pabellón e alí entregamos alimentos para o Banco de Alimentos. Pero antes da entrega fixemos a palabra PAZ con eles e expuxemos as palabras indíxenas traballadas.
Para finalizar o acto, nen@s de 6º de Ed. Primaria leron un manifesto e xuntos cantamos e bailamos as 2 cancións preparadas para a ocasión: "Viva a Xente e Si me Voy". Aquí tendes máis fotos desas xornadas.
Día da Paz 19
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario