Rematamos o noso traballo sobre as campás cunha exposición na biblioteca do cole. Quedou moi chula e había moitísimos modelos diferentes. Grazas a todas as familias que colaboraron coas súas achegas.
PONTEPEQUES
BLOG DE AULA
sábado, 15 de febreiro de 2020
"NOVOS TESOUROS NA MALETA VIAXEIRA"
Kevin levou a maleta viaxeira a súa casa. Tróuxoa de volta cos seus 3 grandes tesouros para que todas e todos poideramos coñecer mellor as cousas que lle gustan. Agora sabemos un pouquiño máis de el e dos seus tesouros.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB
domingo, 2 de febreiro de 2020
"A MALETA VIAXEIRA DE RODRIGO"
Esta semana foi a quenda de Rodrigo. El levou a maleta viaxeira a casa e trouxo dentro os 3 obxectos que elixiu coa súa familia para compartir con nós. Contounos con detalle de que se trataba e logo de velos deixámolos co resto dos nosos tesouros.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB
"SEMANA DA PAZ"
Do 27 ao 31 de Xaneiro tivemos unha semana moi especial no cole.
Luns e martes estivemos preparando campás decoradas coas mans, tamén plantamos sementes de caléndula con mensaxes de Paz e fixemos un fermoso mural.
O mércores visitamos a Cruz Vermella para facer un ratiño de compañía ás persoas maiores, con eles cantamos, bailamos e compartimos unha sesión moi agradable para todas e todos.
O xoves, para comezar, de merenda tivemos chocolate con churros invitados pola Anpa, estaba moooooi rico. Despois do patio, intercambiamos as nosas plantas cos nenos e nenas da profe Carmen.
Ao rematar, participamos co resto do cole nun acto no que cantamos, desfrutamos da latucada do alumnado de 2º e 3º ciclo e vimos voar as pombas da paz.
O venres poidemos disfrutar cun conto de Igualdade da asociación "Nós Mesmas" e así rematamos esta fermosa semana.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)























































































