PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

mércores, 29 de outubro de 2014

"CONTOS POLO SAMAÍN"

XA É TEMPO DE SAMAÍN!!!!
PERO SABEMOS O QUE É??, SI SABEMOS:
- É A FESTA DE HALLOWEEN
- A FESTA DAS CABEZAS
- DA MEDO
- NOS DISFRAZAMOS
E NÓS TEMOS MEDO DE ALGO???
ALGÚNS SOMOS MOI VALENTES E DECIMOS QUE A NADA PERO OUTROS NENOS E NENAS E TAMÉN ALGUNHA PROFE TEMOS MEDO A:
- AS SERPES
- AS ARAÑAS
- AS PANTASMAS
- OS CROCODILOS
- OS TIBURÓNS
- AS BRUXAS 
- AS MÁSCARAS
E... ESTES DÍAS IMOS FALAR MOITO DESTES MEDOS, PERO TAMÉN APROVEITAMOS PARA ADORNAR O COLE E VESTILO DE SAMAÍN.

PARA IR METÉNDONOS NO TEMA O PASADO XOVES FOMOS COS NENOS E NENAS DA PROFE CARMEN Á BIBLIOTECA. FOMOS ESCOITAR A ALGUÉN MOI ESPECIAL: A BRUXA MARUXA!!!!!
A BRUXA MARUXA É MOI AMIGA DE PIQUÍN E COMO ESTAMOS PREPARANDO O SAMAÍN VEU CONTARNOS CONTOS DE MEDO A TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE.
AO CHEGAR TODO ESTABA MOI ESCURO E CHEO DE ESQUELETOS.
ALGÚNS ESTABAMOS UN POUCO ASUSTADOS, PERO POUCO A POUCO FOMOS ENTRANDO E DESCUBRIMOS QUE A BRUXA MARUXA É UNHA BRUXA BOA.
CONTOUNOS UN CONTO TITULADO: "FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS"







Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario