O XOVES 30 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O SAMAÍN PERO ANTES DESE DÍA TRABALLAMOS MOITO PARA ADORNAR O COLE. PINTAMOS DE VERDE, AMARELO E VERMELLO PARA FACER CABAZAS, FIXEMOS BOLAS DE PAPEL CON XORNAIS VELLOS PARA ENCHELAS E TAMÉN PINTAMOS DE COR NEGRO PARA O FONDO DO MURAL.
LOGO PINTAMOS PANTASMAS E MORCEGOS. COS MORCEGOS FIXEMOS CADANSÚA COROA.
E CHEGOU O DÍA, TODO O COLE ESTABA ADORNADO E RECORRÉMOLO DE ARRIBA ABAIXO PARA VER OS TRABALLOS DE PEQUENOS E MAIORES. LOGO FOMOS AO SALÓN DE ACTOS ONDE ESCOITAMOS CANCIÓNS DE SAMAÍN E O CONTO DE CORRE, CORRE CABACIÑA. ESTIVEMOS MOI ATENTOS E... GUSTOUNOS MOITO.
PASÁMOLO MOI BEN, AÍNDA QUE TAMÉN PASAMOS UN POUQUIÑO DE MEDO, PERO SOLO UN POUQUIÑO...
Nenas e nenos de Ed. Infantil 4ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario