PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

mércores, 28 de novembro de 2018

"APUNTÁNDONOS Á COMPOSTAXE"

Neste días andamos a voltas aprendendo moitas cousas sobre a compostaxe. O primeiro que nos quedou clariño é que para poder facer un compost axeitado precisamos aprender a reciclar ben. Pensabamos que con separar os restos da comida do resto do lixo xa estaba, pero non é tan fácil. Agora sabemos xa que é o compost, para que serve un composteiro, que podemos atopar nel, que bichiños viven nos composteiros... e moitas cousas máis. 
E tamén nos decatamos  do dano que fai a contaminación no aire, nos ríos, no mar e nos bosques e da importancia da reciclaxe para o noso planeta. Soamente nos queda levar todo o aprendido á práctica.





Nenas e nenos  de Ed. Infantil 5ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario