O venres tivemos no cole unha actividade sobre o traxe galego. Montse, a monitora da actividade, falounos do traballo feito por Antón Fraguas, homenaxeado nas Letras Galegas 2019, arredor das tradicións galegas. No seu traballo recolleu moitos datos da roupa que se utilizaba aquí fai moitos anos.
Montse explicounos como eran os traxes e tamén como se chamaba cada unha das prendas utilizadas e vestiu a tres voluntarios ao longo da súa charla.
Ao rematar poidemos facernos unha foto colocándonos detrás duns carteis de neno e nena pandereterios e asomando as nosas caras. ¡¡¡Quedamos ben guapos!!!
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario