Onte, domingo 17 de Maio, foi o "Día das Letras Galegas". Para Piquín é unha data importante e non quixo deixala pasar sen facervos unha proposta especial.
Esa proposta especial ven sendo a nosa tarefa de hoxe.
Esa proposta especial ven sendo a nosa tarefa de hoxe.
Este ano, as Letras Galegas están dedicadas ao escritor Carvalho Calero, así que en Bibliopiquín tendes un vídeo sobre a súa vida e tamén un poema.
E ademais, tendes unha presentación con fotos dos autores e autoras homenaxeados ao longo dos anos a partir da cal fai Piquín a súa proposta: realizar un retrato dunha desas persoas caracterizada como Ser Fantástico Coidador da Lingua.
Fixádevos ben nas últimas fotos da presentación, porque seguro que algún será coñecido.
Clicade na seguinte imaxe e chegaredes axiña, Piquín espera con moita ilusión as fotos dos vosos traballos.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario