PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

xoves, 29 de outubro de 2015

"PREPARANDO O SAMAÍN"


ESTAMOS DESEXANDO QUE SEXA O DÍA DO SAMAÍN, AÍNDA QUE SABEMOS QUE É UNHA FESTA DE MEDO, GÚSTANOS MOITO. E COMO XA VEN CHEGANDO, IMOS ADORNANDO OS CORREDORES.
PRIMEIRO FIXEMOS MORCEGOS XUNTANDO AS MANS, COLOREANDO E RECORTANDO. UNHA VEZ REMATADOS PUXÉMOLOS NO CORREDOR PARA DAR MEDO.
TAMÉN FIXEMOS CABAZAS:
COLLIMOS UNHA PLANTILLA, MARCAMOS CADA UN A SÚA E LOGO DECORÁMOLAS CON OLLOS, DENTES TERRORÍFICOS... 
E UNHA VEZ LISTAS ADORNAMOS A NOSA PORTA.


E AQUÍ ESTÁ O RESULTADO FINAL

CABAZAS
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

"CORRE, CORRE CABACIÑA"


XA CHEGA O SAMAÍN E NÓS IMOS PREPARANDO TODO PARA O DÍA 29. AO  LONGO DA SEMANA HOUBO CONTACONTOS DE MEDO NA BIBLIO E NÓS ESTIVEMOS ALÍ ESCOITANDO A UN BRUXO AMIGO DE PIQUÍN. CONTOUNOS O CONTO:
- CORRE, CORRE CABACIÑA
AÍNDA QUE DIXEMOS QUE NON TIÑAMOS MEDO, ESTABA TAN ESCURO QUE AO CHEGAR QUEDAMOS UN POUCO PARADOS NA PORTA DA BIBLIO.
TIÑA UNHA VOZ BEN RARA PERO GUSTOUNOS MOITO COMO CONTOU O CONTO.




 
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

mércores, 28 de outubro de 2015

"A TARTARUGA DE DANI"

NA CLASE DA PROFE CARMEN RECIBIRON UNHA SORPRESA, 
DANI TROUXO A SÚA TARTARUGA A CLASE PARA ENSINALA AOS COMPAÑEIR@S E INVITOUNOS A VELA. ¡¡¡QUE GRANDE!!!
É VERDE, GRANDE E VIVE NA AUGA.


 
GRAZAS DANI POR DEIXARNOS VELA, GUSTOUNOS MOITO

Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

domingo, 25 de outubro de 2015

"A NOSA BIBLIOTECA"



FIXEMOS A 1ª VISITA Á BIBLIOTECA DO COLE. 
FOMOS EN PARELLAS CON NENOS E NENAS DA PROFE CARMEN. ALÍ ESTABA COMO SEMPRE ESPERÁNDONOS PIQUÍN. 
DESCUBRIMOS TODAS AS NOVIDADES QUE PIQUÍN TIÑA EXPOSTAS PARA O NOVO PROXECTO DESTE CURSO: ¡BICHOS!...¿QUE SERÁN?
E TEMOS UN ENCARGO PARA INVESTIGAR SOBRE O QUE É UN BICHO PARA NÓS. PRONTO COMEZAREMOS CON ESTA TAREFA E IREMOS ANOTANDO AS COUSAS QUE VAIAMOS DESCUBRINDO.
SABEMOS QUE ESTE ANO IREMOS Á BIBLIO TODOS OS LUNS E PIQUÍN ALEGRARASE MOITO DE VERNOS E DE QUE O VISITEMOS E INVESTIGUEMOS CON EL.
 



  
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

mércores, 21 de outubro de 2015

"TEA DE ARAÑA"

FIXEMOS UNHA TEA DE ARAÑA NA CLASE COS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.
ENCÁNTANOS ESTE XOGO E SOBRE TODO, GÚSTANOS DECIRLLE AOS DEMAIS COUSAS BONITAS E QUE TAMÉN NOS DIGAN A NÓS.
NESTA OCASIÓN TOCABA DECIR AO NENO OU NENA ELIXIDO PORQUE NOS GUSTA QUE ESTEA NA NOSA CLASE E SAIRON COMENTARIOS MOI INTERESANTES:
- SEMPRE FALA BAIXIÑO
- SOMOS MOI AMIGOS
- SEMPRE XOGA CONMIGO
- É MOI BO/A COS COMPAÑEIROS
- XOGA CON TODOS/AS...
E AÍNDA QUE FALTABA IRIA PORQUE ESTÁ ENFERMA TAMÉN NOS ACORDAMOS DE DECIR ALGO BONITO PARA ELA.
LOGRAMOS UNHA TEA DE ARAÑA SUPER, SUPER RESISTENTE QUE LOGO GARDAMOS NA NOSA CABEZA COS OLLOS PECHADOS PARA QUE NUNCA SE ROMPA.




Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

"VISITAMOS A MODERNO"



O LUNS 19 FIXEMOS A PRIMEIRA SAÍDA DESTE CURSO CON MOITA ILUSIÓN:
FOMOS VISITAR O EDIFICIO DA FUNDACIÓN DA BANCA. 
POLA RÚA CAMIÑAMOS EN PARELLAS E AO CHEGAR ESTABAN ESPERÁNDONOS ALBERTO E MARÍA PARA GUIARNOS NA VISITA. ESTIVEMOS MOI ATENTOS A TODO CANTO NOS CONTARON.


APRENDIMOS MOITAS COUSAS:
- O EDIFICIO CHÁMASE MODERNO
- TEN MOITOS ANOS, 113 EXACTAMENTE
- FAI 15 ANOS ESTIVO ENFERMO E TIVO QUE VIR O ARQUITECTO "SIZA" PARA CURALO
- OS ARQUITECTOS SON OS MÉDICOS DOS EDIFICIOS
- SIZA CUROUNO UTILIZANDO MOITAS CORES
DESPOIS DE CONTARNOS TODAS ESTAS COUSAS, ALBERTO FIXO CON NÓS O XOGO DOS SENTIDOS. 
NUNHA CAIXA DE CORES TIÑA AGOCHADAS VARIAS COUSAS QUE TIÑAMOS QUE TOCAR E ADIVIÑAR SEN MIRAR O QUE ERAN: PEDRA, MADEIRA, ALUMINIO E COIRO.
ESTOS MATERIAIS FORON EMPREGADOS NAS REFORMAS DE MODERNIO.
TAMÉN VIMOS UNHA HABITACIÓN PINTADA DE CORES QUE NOS GUSTOU MOITO: ROSA, VERDE, LARANXA, AZUL E MARRÓN.
AO REMATAR CADA UN FIXO A COMPOSICIÓN DA SÚA HABITACIÓN NUNHA CARTOLINA  E  LEVÁMOLAS PARA O COLE.


MODERNIO
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

luns, 12 de outubro de 2015

"CORES DE OUTONO"

O OUTONO É MOI ESPECIAL, TAMÉN AS SÚAS CORES.
LOGO DE VER QUE PASABA COAS ÁRBORES DO PATIO E VER AS CORES DAS SÚAS FOLLAS DECIDIMOS PINTAR EN PASTEL CORES DE OUTONO. PINTAMOS POR EQUIPOS COS COMPAÑEIR@S DA CLASE DA PROFE CARMEN.
PASÁMOLO XENIAL!!! E MIRADE OS RESULTADOS:

CORES DE OUTONO
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

"SOMOS ÁRBORE"


FIXEMOS UN TRABALLO MOI LINDO COS NENOS E NENAS DA PROFE CARMEN: CONVERTÍMONOS EN ÁRBORE.
O OBXECTIVO CONSISTÍA EN FACER UNHA POSTAL.
PERO PARA LOGRALO PRIMEIRO TIVEMOS QUE PENSAR, FALAR, PINTAR...
FALAMOS DAS ÁRBORES NO OUTONO, DO POR QUE DA CAÍDA DAS FOLLAS, DA IMPORTANCIA DAS ÁRBORES PARA NÓS E DE COMO COIDALAS.

O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI PINTAR FOLLAS CON PINCEL E CORES VARIADOS E ADORNAR OUTRAS CON GOMETS. 
CANDO XA AS TIÑAMOS LISTAS FOMOS TODOS XUNTOS AO XIMNASIO. ALÍ PENSAMOS MOITO SOBRE COMO COLOCARNOS PARA FACER ENTRE TOD@S UNHA ÁRBORE:
- UNS ENRIBA DOS OUTROS
- DE PÉ TODOS XUNTOS
- DE PÉ AGARRADOS DAS MANS
- E... TUMBADOS NO CHAN ESTIRADOS
FINALMENTE FOMOS QUEN DE COLOCARNOS E CONSEGUIMOS CONSTRUÍR ENTRE TOD@S UNHA FERMOSA ÁRBORE. 
XA CASI PODÍAMOS MONTAR A NOSA POSTAL. TAN SÓ FALTABA ELEXIR O SLOGAN. 
PENSAMOS EN CLASE E CANDO XA TIÑAMOS A NOSA IDEA FOMOS LERLLA AOS NENOS E NENAS DA PROFE CARMEN PARA VER QUE LLES PARECÍA.


 E ASÍ FOI COMO REMATAMOS ESTE TRABALLO TAN BONITO. 
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB