O OBXECTIVO CONSISTÍA EN FACER UNHA POSTAL.
PERO PARA LOGRALO PRIMEIRO TIVEMOS QUE PENSAR, FALAR, PINTAR...
FALAMOS DAS ÁRBORES NO OUTONO, DO POR QUE DA CAÍDA DAS FOLLAS, DA IMPORTANCIA DAS ÁRBORES PARA NÓS E DE COMO COIDALAS.
O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI PINTAR FOLLAS CON PINCEL E CORES VARIADOS E ADORNAR OUTRAS CON GOMETS.
CANDO XA AS TIÑAMOS LISTAS FOMOS TODOS XUNTOS AO XIMNASIO. ALÍ PENSAMOS MOITO SOBRE COMO COLOCARNOS PARA FACER ENTRE TOD@S UNHA ÁRBORE:
- UNS ENRIBA DOS OUTROS
- DE PÉ TODOS XUNTOS
- DE PÉ AGARRADOS DAS MANS
- E... TUMBADOS NO CHAN ESTIRADOS
FINALMENTE FOMOS QUEN DE COLOCARNOS E CONSEGUIMOS CONSTRUÍR ENTRE TOD@S UNHA FERMOSA ÁRBORE.
XA CASI PODÍAMOS MONTAR A NOSA POSTAL. TAN SÓ FALTABA ELEXIR O SLOGAN.
PENSAMOS EN CLASE E CANDO XA TIÑAMOS A NOSA IDEA FOMOS LERLLA AOS NENOS E NENAS DA PROFE CARMEN PARA VER QUE LLES PARECÍA.
E ASÍ FOI COMO REMATAMOS ESTE TRABALLO TAN BONITO.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario