O LUNS 19 FIXEMOS A PRIMEIRA SAÍDA DESTE CURSO CON MOITA ILUSIÓN:
FOMOS VISITAR O EDIFICIO DA FUNDACIÓN DA BANCA.
POLA RÚA CAMIÑAMOS EN PARELLAS E AO CHEGAR ESTABAN ESPERÁNDONOS ALBERTO E MARÍA PARA GUIARNOS NA VISITA. ESTIVEMOS MOI ATENTOS A TODO CANTO NOS CONTARON.
- O EDIFICIO CHÁMASE MODERNO
- TEN MOITOS ANOS, 113 EXACTAMENTE
- FAI 15 ANOS ESTIVO ENFERMO E TIVO QUE VIR O ARQUITECTO "SIZA" PARA CURALO
- OS ARQUITECTOS SON OS MÉDICOS DOS EDIFICIOS
- SIZA CUROUNO UTILIZANDO MOITAS CORES
DESPOIS DE CONTARNOS TODAS ESTAS COUSAS, ALBERTO FIXO CON NÓS O XOGO DOS SENTIDOS.
NUNHA CAIXA DE CORES TIÑA AGOCHADAS VARIAS COUSAS QUE TIÑAMOS QUE TOCAR E ADIVIÑAR SEN MIRAR O QUE ERAN: PEDRA, MADEIRA, ALUMINIO E COIRO.
ESTOS MATERIAIS FORON EMPREGADOS NAS REFORMAS DE MODERNIO.
TAMÉN VIMOS UNHA HABITACIÓN PINTADA DE CORES QUE NOS GUSTOU MOITO: ROSA, VERDE, LARANXA, AZUL E MARRÓN.
AO REMATAR CADA UN FIXO A COMPOSICIÓN DA SÚA HABITACIÓN NUNHA CARTOLINA E LEVÁMOLAS PARA O COLE.
MODERNIO
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario