XA CHEGA O SAMAÍN E NÓS IMOS PREPARANDO TODO PARA O DÍA 29. AO LONGO DA SEMANA HOUBO CONTACONTOS DE MEDO NA BIBLIO E NÓS ESTIVEMOS ALÍ ESCOITANDO A UN BRUXO AMIGO DE PIQUÍN. CONTOUNOS O CONTO:
- CORRE, CORRE CABACIÑA
AÍNDA QUE DIXEMOS QUE NON TIÑAMOS MEDO, ESTABA TAN ESCURO QUE AO CHEGAR QUEDAMOS UN POUCO PARADOS NA PORTA DA BIBLIO.
TIÑA UNHA VOZ BEN RARA PERO GUSTOUNOS MOITO COMO CONTOU O CONTO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario