Desta volta tocoulles a Giovanna e Paula traer os seus tesouros gardadiños na Maleta Viaxeira. Contaron a todas e todos o que gardaron na maleta explicando a razón do que elixiron e quen lles axudou a decidir.
PONTEPEQUES
mércores, 30 de novembro de 2016
"MALETA VIAXEIRA DE NOVO EN CLASE"
"VISITA A POLICÍA LOCAL"
Esta semana fomos visitar as instalacións da Policía Local. Alí nos estaba esperando Richard e fixo de guía durante toda a visita. O primeiro lugar que nos ensinou foi o garaxe, había coches e motos. Explicounos cal é o traballo da Policía Local e tamén as ferramentas que utilizan e levan cando están de servicio. Vimos tamén como funcionan as luces e as sereas das motos e os coches.
Logo visitamos as oficinas, o ximnasio, a sala das cámaras... e antes de rematar regalounos unhas pegatinas co escudo da Policía.
¡¡¡Moitas grazas!!!
Gustounos moooooooito esta saída
Nenas e nenos de Ed.Infantil 6ºB
venres, 25 de novembro de 2016
" 25 de Novembro"
O venres 25 de Novembro, diferentes coles de Pontevedra participaron na formación dunha Cadea Humana como protesta contra a violencia de xénero. Nós tamén estivemos e formamos parte desa Cadea.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB
"A MALETA VIAXEIRA"
Esta semana a nosa Maleta Viaxeira comezou a súa andadura polas casas. Empezamos rodando polo equipo dos Felices e foron Inés e David os que trouxeron a clase na Maleta os seus tesouros.
Aquí os temos, primeiro os tesouros de Inés
Gracias por compartilos con nós.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)