Esta semana fomos visitar as instalacións da Policía Local. Alí nos estaba esperando Richard e fixo de guía durante toda a visita. O primeiro lugar que nos ensinou foi o garaxe, había coches e motos. Explicounos cal é o traballo da Policía Local e tamén as ferramentas que utilizan e levan cando están de servicio. Vimos tamén como funcionan as luces e as sereas das motos e os coches.
Logo visitamos as oficinas, o ximnasio, a sala das cámaras... e antes de rematar regalounos unhas pegatinas co escudo da Policía.
¡¡¡Moitas grazas!!!
Gustounos moooooooito esta saída
Nenas e nenos de Ed.Infantil 6ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario