Durante toda a semana, traballamos e disfrutamos coas historias de medo e os adornos que fixemos. Empezamos por facer esqueletos en equipo. Debuxamos con lápis e logo repasamos con rotulador. Desta volta non foi nada fácil poñernos dacordo no debuxo, sobre todo cando tocaba facer as costelas, non tiñamos nada claro que eran nin como eran, pero traballamos ben
e o resultado foi o seguinte:
Ademáis fixemos morcegos, adornamos cabazas, escoitamos á Bruxa Maruxa contando contos na biblioteca... e o venres fomos de percorrido polo colexio para ver todos os recunchos que prepararan entre todos os nenos e nenas. Para rematar, no salón de actos houbo unha pequena festa de medo. Pasámolo xenial e como xa somos os maiores de infantil non pasamos naaaaada de meeeeedooooo.
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB
Ningún comentario:
Publicar un comentario