PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

domingo, 24 de febreiro de 2019

"VISITA DE SUSANA E JOSÉ ÁNGEL"

Os pais de Lidia, Susana e José Ángel, viñeron facernos unha visita para falarnos da súa profesión. Eles son fisioterapeutas e explicáronnos que se dedican a curar sen utilizar medicinas. O seu traballo consiste en axudar aos pacientes a recuperarse dos problemas físicos de ósos e músculos. A súa ferramenta esencial son as mans, aínda que as veces pode utilizarse o frío, a calor ou a corrente para axudalos.
Despois de falar do seu traballo fixemos con eles varios xogos para comprobar se estamos ou non en boa forma física e pasamos un rato moi entretido.
¡¡¡MOITAS GRAZAS!!! aos dous e tamén a Lidia por permitirnos disfrutar da súa compañía. 






Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario