PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

martes, 26 de febreiro de 2019

"VERBATECA 2019"

Este ano volveron visitarnos as piratas MalaPeta e MalaPata. Traían preparado para nós un novo obradoiro de Verbateca que nos gustou moito.
Fomos á biblioteca cos compañeir@s da profe Carmen e alí estaban esperando. Estivemos xogando con elas a pescar palabras fermosas en Língua Galega. Fixemos varias probas e tivemos que superalas para acadar cada unha das palabras para o noso cofre do tesouro. Ao final conseguimos acadar un cofre para cada nena e neno. Gustounos moito a súa visita e agardamos que volvan no próximo curso.







Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario