PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

luns, 25 de maio de 2020

"A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR"

Estamos na última semana de Maio e ao longo destes días imos traballar cos contos, contos que xa coñecemos e que fomos desfrutando ao longo destes 3 anos que compartimos todas e todos xuntos.
De luns a xoves faremos un pequeno rexistro, con diferentes tarefas, partindo do conto de cada día .
Hoxe luns, comezamos con “ A Tartaruga que quería durmir”, conto de Roberto Aliaga

¿Cal e a tarefa proposta despois de ver e escoitar este conto? Aquí a tendes:
1º- Escribir o título do conto
2º- Debuxar a portada
3º- Anotar se este conto me gusta, se me gusta solo un pouco ou non me gusta nada
Aquí tendes a foto da portada do conto e o modelo de rexistro para esta tarefa, vos axudarán a realizala.
A TARTARUGA QUE QUERIA DURMIR | ROBERTO ALIAGA | Comprar libro ...
Nenas e nenos de Ed. Infantil 6ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario