PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

mércores, 12 de xuño de 2019

"A BARRIGA DE LAURA"

Esta semana Elba quixo compartir con nós unha actividade moi especial. Ela está moi contenta porque vai ter unha irmá, e a súa mamá Laura, veu ao cole para que fixeramos xuntos o molde de escaiola da súa barriga. Invitamos aos nenos e nenas da profe Carmen, e todos moi atentos e atentas disfrutamos do momento. 
Elba foi unha moi boa axudante. Cando rematamos de colocar as bandas de escaiola tivemos que pasar un pouquiño o secador para que o molde se soltase e ¡¡¡XENIAL!!! A barriga quedou moi feitiña. 
Agora Elba e a súa nai xa a teñen na casa e cando a pinten traerana ao cole para ensinala. Seguro que lles queda ben chula. Grazas Elba e Moitas Grazassss Laura!!!










Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario