PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

mércores, 12 de xuño de 2019

"FAMILIAS CONTADORAS EN XUÑO 19"


Para rematar o curso tivemos unha nova sesión de contos coas familias. Desta volta tivemos con nós a: Teresa a nai de Víctor, Fabio o pai de Diego, Alexandre o tío de Xabi e Edgar, Cecilia e Linda a familia de Kevin.
Como facía un pouquiño de vento, fomos a biblioteca e alí nos repartimos en grupiños cos nosos contadores.

Teresa acompañada de Víctor contounos o conto "A árbore tan pouco árbore", unha historia que fala dos distintos tipo de selva que podemos atopar e do lobo que vive en cada unha delas, pero...
Resultado de imagen de a vella na botella
Resultado de imagen de a cociñeira do rei



Resultado de imagen de rato de campo, rato de cidadeE Edgar, Cecilia e Linda con Kevin contaron o conto "Rato de campo e Rato de cidade", no que cada un deles decide vivir unha aventura saíndo de excursión e...                                         
E así, contando e contando pasamo un fermoso ratiño coas familias que viñeron visitarnos e compartir eses momentos con nós. Disfrutamos moito con eles e temos fotos da mañá, aquí están:

Xabi foi o axudante de Alexandre para contar "A Vella na Botella", que nos fala dunha vella un pouco díficil de contentar, á que...


Fabio coa axuda de Diego contounos o conto"A Cociñeira do Rei", a  historia dun rei que tiña tanta pena que non podía nin pensar. Os seus conselleiros decidiron facerlle a mellor comida do mundo para alegralo e por iso...






E así rematou esta fantástica sesión de contacontos. Pero, xa que estabamos na biblioteca, ao rematar aproveitamos para visitar a exposición de ferramentas e materiais de poesía que estaban expostos. Había moitas ferramentas que non coñeciamos e que agora si sabemos para que se utilizaban fai moitos anos.


Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario