PONTEPEQUES

PONTEPEQUES
BLOG DE AULA

martes, 11 de xuño de 2019

"PRIMAVERA E POESÍA"

Xa estamos en xuño e nós imos pouco a pouco rematando os traballos deste curso. O noso mural de primavera está cheo de fermosas flores, bolboretas, anduriñas... Tamén conta con algunhas das poesías que estivemos traballando no trimestre. Pero non o fixemos todo nós, foi en colaboración cos nenos e nenas da profe Carmen, entre todas e todos fixemos un bo traballo. 





E aquí vos deixamos o libro de Poemas que tamén elaboramos entre todas e todos, xa está listo!!!
Esperamos que vos guste.


E tamén algunhas fotos de actividades relacionadas coa Poesía que traballamos ao longo do ano:
Versos nas escaleiras de Rosalía de Castro
E fotos de poetas e poetisas galegos que preparamos coa colaboración de todas as familias para o Día do Libro:
Nenas e nenos de Ed. Infantil 5ºB

Ningún comentario:

Publicar un comentario